×

Mensaje de estado

El evento está cerrado y no se admiten inscripciones.

REGULAMENTO

ORGANIZACIÓN

O Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome organizan a” I carreira inclusiva Revirando”. Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade hacia a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

 

 

DATA

A proba celebrarase o domingo 17 de marzo, ás 11:00 horas.

 

PERCORRIDO E DISTANCIA

 

O circuíto terá o seguinte trazado: Alameda, Manuel Álvarez, Circunvalación e volta a Alameda. A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda.

Dúas modalidades opcionais:

▲ ANDAINA (Non competitiva))Unha volta ao percorrido. Total: 3.800 m.

▲ CARREIRA (Non competitiva): Unha volta ao percorrido. Total: 3.800 m. Ou posibilidade de 1500 para nenos/as pequenos ou demáis que opte por esta opción.

 

 

ORGANIZACIÓN DA SAÍDA

A saída será simultánea para tódalas modalidades.

Sen embargo, os inscritos da andaina ou con movilidade moi reducida saíran 10 minutos antes e os corredores despois. En caso de haber “ hand-bikes” poranse diante.

A organización resérvase o dereito a modificar os criterios da saída para certificar a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previa aviso nas redes socias do evento

 

AVITUALLAMENTO

A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas en liña de meta.

 

PARTICIPACIÓN

Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

 

• Andaina: sen límite de idade.
• Carreira (4km). Ata 75 anos ( consultar neste caso coa organización )

 

Fila 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será donado a ONG ou organización elixida.

INSCRICIÓN

A cota de inscrición será de:

▲ ANDAINA OU CARREIRA: 5 euros adultos e 2 euros nenos/as ( ata 16 anos )

 

A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos interesados en:

▲ Colexios Somascos ou San Xerome: ( cubrir formulario e pago posterior na oficina de LA CAIXA).

www.inscriu.me/es/revirando-a-guarda  

 

 

Prazo de inscriciónata o 7 de marzo (ata as 14.00h) terán como agasallo unha camiseta técnica. Despois desa data pecharase o 14 do mesmo mes. Preguntas en revirandoaguarda@gmail.com

 

Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.

Lembrar que o evento consta coa responsabilidade civil e seguros obrigatorios correspondentes.

 

 

DORSAIS 

Nos colexios PP. Somascos e San Xerome ou no mesmo día da proba desde as 10 da mañá.

 

LIÑA DE META 

1) Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas,  IBERCONSA AMFIV, levará a cabo unha exhibición deste deporte e ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade.Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen. 

2) Teremos un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

3) Faremos entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade.  

4) Como colofón do evento teremos un SORTEO con múltiples  agasallos  a sortear. Ao peche   do  regulamento poden variar as condicións do sorteo.

 

 

Español